Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

Actividades 24-25: A litosfera (parte 2).

    1. Identifica as placas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 .  Placa Euroasiática Placa Africana Placa Sudamericana Placa Norteamericana Placa Pacífica Placa de Nazca 2.  Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 1 e 2 e entre 3 e 6.  Como se chaman estas zonas? que está sucedendo en cada caso? Chámanse límites converxentes, e sucede o afundimento dunha placa pola outra ou a compresión entre elas. No caso do 1 e 2 chámase subdución e no caso do 3 e 6 prodúcense cordilleiras. 3.  Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 2 e 3 e entre 5 e 6.  Como se chaman estas zonas? que está sucedendo en cada caso? Son zonas de actividade sísmica. O que sucede é que as dúas placas choca e ao non ceder, xeran terremotos. 4.  O océano Atlántico está a medrar 20 cm cada ano. Explica claramente por que ocorre este fenómeno.  Por que as placas que se encontran no leito oceánico sufren un borde diverxente, polo cal os dous extremos de cada placa...

Actividade 23: A litosfera (parte 1)

  1. Que é a Litosfera? É a capa superficial sólida da Terra, caracterizada pola súa rixidez. Está formada pola cortiza e a zona máis externa do manto, e mantén un equilibrio isostático sobre a astenosfera, unha capa ``plástica´´ que forma parte do manto superior.   2. A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura? Porque a  litosfera está dividida en fragmentos chamados placas litosféricas. A causa da súa rotura, poden ser os movementos convectivos xerados nas profundidades da Terra, polo grandiente térmico. Estas corrientes chegan as capas superiores, xerando a súa ruptura.  3. Que é unha placa litosférica?. Indica o nome das principais placas.   É un fragmento de litosfera relativamente ríxido que se move sobre a astenosfera -Placa Africana. -Placa Antártica. -Placa Australiana. -Placa Euroasiática. -Placa Norteamericana. -Placa del Pacífico. -Placa  Sudamericana. ...

Actividade 22: O cambio continuo da Xeosfera.

A formación da xeosfera como a coñecemos hoxe en día remontase a hai máis de 4.600 millóns de anos a partir dos choques entre planetesimais creados xunto co sistema solar a partir dunha nebulosa que formou o sol. Grazas á gravidade xerada por esta estrela fórmanse cúmulos de rocha e de gas, os planetesimais. A partir dos choques dos planetesimais, a terra foi crecendo e solidificándose facendo máis grosa a súa corteza e a partir diso formando un único e gran continente chamado Panxea. Debido aos movementos do núcleo terrestre, os convectivos, prodúcese o movemento e separación das placas tectónicas que chocarán unhas con outras, facendo que os continentes se separen ata que quedan coa forma coa que os coñecemos hoxe en día.

Actividade 21: As dúas caras da Xeosfera.

  1. Cal é a composición e o estado do núcleo interno? e do externo? O núcleo interno está composto por metales. Principalmente estos son ferro e níquel, ainda que hai outros elementos, o seu estado é sólido, sendo unha gran bola metálica. Por outra parte, o núcleo externo comparte unha composición moi similar ao interno, pero este está en estado líquido. 2. Que relación hai entre a anterior pregunta e o campo magnético do planeta? Que o movemento dos ions metálicos do núcleo externo, alimentados polo calor do núcleo interno, xera o campo magnético da Terra. 3. Que relación hai entre litosfera e codia?  A litosfera abarca tanto a codia terrestre como o manto superior, polo cal a codia é parte da litosfera. 4. Que diferenzas hai en espesor e composición entre a codia continental e a codia oceánica? A codia oceánica está composta por basalto, por outra parte, a continentalñ está composta por granito, ou outras rochas, tanto magmáticas, sedimentarias... En canto á súa densidade, ...

Actividade 20: As discontinuidades

 1. Cal é a diferencia entre as ondas P e S? como hai que interpretalas? As ondas P ou primarias son aquelas que chegan primeiro dende o hipocentro, é dicir, o foco da emisión das ondas, ata o epicentro ou o punto perpendicular ao foco de emisión. Isto é así xa que gracias a que as ondas P son ondas lonxitudinais, que se moven en direnccion da sua velocidade, sen desviacións, poden chegar antes. Por outra parte, as ondas S chegan despois aos sismógrafos xa que estas non viaxan paralelamente a dirección das vibracións, sino que teñen unha pequena ondulación. Debemos ter en conta que en algúns medios as ondas P e S teñen diferentes velocidades xa que a velocidade do movemento varía según o material, sendo favorable para algunha das ondas. 2. As discontinuidades: que son? que tipos hai? como se interpretan? Unha discontinuidade é unha separación entre os materiais rochosos debido as propiedades dos mesmos, pola súa densidade, temperatura ou o propio material. As discontinuidades máis ...

Actividade 19: Os métodos de estudo da Xeosfera.

1. Fai un esquema citando os métodos de estudo da Xeosfera. Os métodos de estudo da Terra poden ser: directos ou indirectos e o método sísmico. No primeiro dos casos, a Terra é estudada directamente, así como as suas propiedades. Esta labor levase a cabo mediante sondas, erupcións volcánicas que nos permiten analizar os materiais do interior da Terra e a erosión. No segundo dos casos, os indirectos, dedúcese a composicion da Terra mediante a gravidade, a densidade, o magnetísmo, ou as ondas sísmicas. Por outra parte, os métodos sísmicos son aqueles que mediante o uso de ondas P, S ou L e R podemos saber en función de como varían os datos desas ondas a presenza de discordancias no material terrestre, un cambio de densidade, ou de estado da materia, ou materiais. 2. Compara os métodos directos e indirectos. O método directo permítenos estudar o material en si, físicamente presente e a partir de ahí, elaborar as nosas deduccións, por outro lado o método indirecto permítenos a través d...

Actividade 18: A guerra da auga

 A querra pola auga é un problema inminente ao que, en lugar do que se está facendo, (deixalo a parte) debemos afrontar. Cando digo debemos refírome a todos, por que non debemos olvidar que o consumo de auga é un privilexio que se convertiu nun abuso descontrolado por parte de todos mentres outros moitos teñen que andar miles de metros ao día para coller dous caldeiros deste recurso. Como sociedades do mundo que somos, debemos saber convivir entre nos, a sequía é un gran problema que require concienciación e compromiso. En resumo, debemos coidar o planeta onde vivimos, así como os seus recursos para que a nosa estancia nel sexa o máis lonxeva posible.