Actividade 41: As zonas acuáticas.
1 - En que se basa a diferenciación de zonas, caracterizadas pola súa fauna e flora, nos ambientes mariños? Diferencianse pola salinidade da auga e por tanto, na súa densidade e na súa temperatura. 2 - Cales son estas zonas? Humidais Os humidais son zonas co chan saturado de auga. Localízanse no interior da península como As Táboas de Daimiel ou na costa como o Parque de Doñana. Caracterízase pola presenza de zonas de auga doce e de auga salgada, poucas choivas no verán e abundantes precipitacións no inverno e outono. Existen animais acuáticos e terrestres, como flamencos, grúas, garzas, espátulas, avefrías, cegoñas, anguías, ras ou carpas. Ríos Un río é un curso de auga que flúe de maneira continua. Adoitan establecerse variacións de caudal ao longo do ano. Tamén se establecen zonas. No curso alto a pendente é máis acusada e a auga flúe a maior velocidade. Nestas zonas abundan musgos e algas adheridas ás rocas, como vexetación, e como fauna, os moluscos como carafio e os peixes. ...