Actividade 38: Os ciclos da materia e da enerxía.
1. O fluxo de enerxía é aberto e unidirecional, que quere dicir iso?
É unidireccional xa que avanza dende o Sol como fonte de enerxía lumínica ata os productores e vai ascendendo na cadea trófica ata os depredadores e este movemento non pode ser contrario precisamente por isto, por que unha cadea trófica non se pode invertir. Tamén é aberto porque no ciclo da enerxía está integrado o ciclo da materia, xa que a depredación é un dos medios maiores para a obtención de enerxía.
2. Que son os ciclos bioxeoquímicos? cales son os principais?.
É o ciclo dos elementos químicos pertencentes aos seres vivos e o medio. Os principais son o do carbono, nitróxeno, fósforo, xofre e o osíxeno.
3. Explica o ciclo do nitróxeno.
O ciclo do nitróxeno comeza co nitróxeno presente na atmosfera de forma molecular (N2), o cal pode ser fixado pola acción de tormentas, dando lugar ao nitrato, accesible para os productores. Este elemento tamén pode aparecer gracias ao amoniaco achegado pola excreción, restos orgánicos dos seres vivos e pola amonificación do nitróxeno atmosférico. O amoníaco pasa a ser Nitrito mediante a acción das basterias nitrificantes das raíces das leguminosas, que achegan osíxeno a este elemento. Posteriormente para que finalmente os productores poidan acceder a este elemento, o nitrito pasa pola nitratación levada a cabo polas bacterias do tipo nitrobacter, dando lugar de novo ao nitrato que tamén, ao igual que o nitróxeno atmosférico pode ser obtido de xeito directo coa chuvia ácida, ou pola fijación do N2. Tamén cabe mencionar que este proceso pode ser ao revés é dicir, obter a paartir do nitrato o nitróxeno atmosférico e isto conseguese coas bacterias bacillus e pseudomonas na chamada desnitrificación.
Volvendo un pouco atrás, cando o nitrato é absorvido, este pasas as plantas que unha vez son consumidas polos consumidores primarios, pasa a eles o nitróxeno que fora asimilado polas prantas, formando parte de toda materia viva. Así pois como xa contei anteriormente, cando os compoñentes vivos dun ecosistema morren, liberan este compoñente a través dos descompoñedores.
Para finalizar cabe mencionar que para que a nitrificación se produza, ten que producirse o fenómeno da chuvia ácida, que hoxe en día está máis presente, xa que vai asociado a unha gran emisión de gases resultantes do uso dos combustibles fósiles que debido a varias reaccións químicas na atmosfera, son capaces de baixar cao ao chan en forma de NOx
Comentarios
Publicar un comentario